Achégase a Semana Santa, un tempo no que os/as nosos/as peques poderán tomarse un merecido descanso antes de comezar o terceiro trimestre. Cómo medida conciliadora da vida familiar e laboral, dende a ANPA do CEIP Atín Cela, ofrecemos este campamento gratuíto para todos os alumnos e alumnas do centro.
Esta actividade está financiada pola Secretaría de Estado de Igualdade e para a Erradicación da Violencia contra as Mulleres, con cargo ás axudas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actuacións dentro do Plan Corresponsables. Teñen prioridade na inscrición: familias monoparentais maternas e monoparentais paternas, mulleres vítimas de violencia de xénero e doutras formas de violencia contra as mulleres, persoas con discapacidade, persoas en risco de exclusión social e unidades familiares en que existan outras responsabilidades relacionadas cos coidados..
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
-
Este ano liámonos a manta á cabeza e decicimos xunto co claustro do Centro preparar un túnel do terror que puideron desfrutar os peques pola...
-
Desde a ANPA lembrámosvos que o alumnado ten á súa disposición o PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO E CIBERACOSO ESCOLAR . Trátase dun espazo an...
-
Neste enlace poderedes acceder aos menús do comedor do noso cole durante o mes de marzo. Bo proveito!! Descarga do menú ...
Excursión fin de curso da ANPA
A ANPA do CEIP Atín Cela organiza unha divertida excursión ao parque acuático Natur Water Park (Portugal) o próximo 4 de xullo. Será unha x...

Ningún comentario:
Publicar un comentario