Achégase a Semana Santa, un tempo no que os/as nosos/as peques poderán tomarse un merecido descanso antes de comezar o terceiro trimestre. Cómo medida conciliadora da vida familiar e laboral, dende a ANPA do CEIP Atín Cela, ofrecemos este campamento gratuíto para todos os alumnos e alumnas do centro.
Esta actividade está financiada pola Secretaría de Estado de Igualdade e para a Erradicación da Violencia contra as Mulleres, con cargo ás axudas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actuacións dentro do Plan Corresponsables. Teñen prioridade na inscrición: familias monoparentais maternas e monoparentais paternas, mulleres vítimas de violencia de xénero e doutras formas de violencia contra as mulleres, persoas con discapacidade, persoas en risco de exclusión social e unidades familiares en que existan outras responsabilidades relacionadas cos coidados..luns, 24 de marzo de 2025
xoves, 6 de marzo de 2025
ENTROIDO 2025
Agora si que rematou este entroido 2025. Fomos o enterro da sardiña e choramos moitísimo. Esas lágrimas eran de ledicia, por poder materializar as nosas ideas, pola tremenda participación que tivo a comparsa, polo bo ambiente que vivimos en todos os desfiles...
Grazas a todas e cada unha das persoas que participastes, sabedes que sen vós isto non sería posible. Grazas a todas as mans amigas, que fixeron posible a elaboración da carroza. A Xunta Directiva da ANPA está moi orgullosa da comunidade do CEIP Atín Cela.
Pedimos desculpas se cometemos algún erro e prometemos seguir traballando máis e mellor. Tamén vos queremos pedir, que si se vos ocorre algunha proposta de mellora ou crítica construtiva a fagades chegar para traballar sobre elas.
Moitísimas grazas a tod@s!!!!!
-
Este ano liámonos a manta á cabeza e decicimos xunto co claustro do Centro preparar un túnel do terror que puideron desfrutar os peques pola...
-
Desde a ANPA lembrámosvos que o alumnado ten á súa disposición o PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO E CIBERACOSO ESCOLAR . Trátase dun espazo an...
-
Neste enlace poderedes acceder aos menús do comedor do noso cole durante o mes de marzo. Bo proveito!! Descarga do menú ...
Excursión fin de curso da ANPA
A ANPA do CEIP Atín Cela organiza unha divertida excursión ao parque acuático Natur Water Park (Portugal) o próximo 4 de xullo. Será unha x...


