xoves, 6 de marzo de 2025

ENTROIDO 2025


Agora si que rematou este entroido 2025. Fomos o enterro da sardiña e choramos moitísimo. Esas lágrimas eran de ledicia, por poder materializar as nosas ideas, pola tremenda participación que tivo a comparsa, polo bo ambiente que vivimos en todos os desfiles...

Grazas a todas e cada unha das persoas que participastes, sabedes que sen vós isto non sería posible. Grazas a todas as mans amigas, que fixeron posible a elaboración da carroza. A Xunta Directiva da ANPA está moi orgullosa da comunidade do CEIP Atín Cela.

Pedimos desculpas se cometemos algún erro e prometemos seguir traballando máis e mellor. Tamén vos queremos pedir, que si se vos ocorre algunha proposta de mellora ou crítica construtiva a fagades chegar para traballar sobre elas.

Moitísimas grazas a tod@s!!!!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

CAMPAMENTO DE PASCUA

  Temos a Semana Santa á volta da esquina, e con ela chega unha semana na que os máis cativos poderán gozar de tempo de lecer. Como medida c...