Un ano máis as familias do cole de Atín participamos no Desfile de Entroido de Mos coa nosa comparsa. Foi un verdadeiro placer desfrutar desta festa con vós. Grazas a todas e cada unha das persoas que participastes, sabedes que sen vós isto non sería posible. Grazas a todas as mans amigas, que fixeron posible a elaboración da carroza. A Xunta Directiva da ANPA está moi orgullosa da comunidade do CEIP Atín Cela.
Pedimos desculpas se cometemos algún erro e prometemos seguir traballando máis e mellor. Tamén vos queremos pedir, que si se vos ocorre algunha proposta de mellora ou crítica construtiva a fagades chegar para traballar sobre elas.
Moitísimas grazas a tod@s!!!!!


.jpeg)

