domingo, 14 de xuño de 2026

Excursión fin de curso da ANPA

A ANPA do CEIP Atín Cela organiza unha divertida excursión ao parque acuático Natur Water Park (Portugal) o próximo 4 de xullo. Será unha xornada perfecta para gozar en familia de piscinas, tobogáns, xogos de auga e moita diversión.

Non quededes sen a vosa praza! Animádevos a participar e a compartir un día inesquecible coas demais familias do cole.

Para inscribirse, é necesario cubrir o seguinte formulario antes do día 22 de xuño:

https://forms.gle/fsDwr15hL2Miu7Ln6

Máis información no formulario de inscrición.

Agardámosvos para pasar unha xornada refrescante, chea de risas e bos momentos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Excursión fin de curso da ANPA

A ANPA do CEIP Atín Cela organiza unha divertida excursión ao parque acuático Natur Water Park (Portugal) o próximo 4 de xullo.  Será unha x...