domingo, 14 de xuño de 2026

Excursión fin de curso da ANPA

A ANPA do CEIP Atín Cela organiza unha divertida excursión ao parque acuático Natur Water Park (Portugal) o próximo 4 de xullo. Será unha xornada perfecta para gozar en familia de piscinas, tobogáns, xogos de auga e moita diversión.

Non quededes sen a vosa praza! Animádevos a participar e a compartir un día inesquecible coas demais familias do cole.

Para inscribirse, é necesario cubrir o seguinte formulario antes do día 22 de xuño:

https://forms.gle/fsDwr15hL2Miu7Ln6

Máis información no formulario de inscrición.

Agardámosvos para pasar unha xornada refrescante, chea de risas e bos momentos!

domingo, 7 de xuño de 2026

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Achegamos a convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria da ANPA que se celebrará o vindeiro venres 26 de xuño ás 19:30h.

Agradecemos a vosa asistencia, un saúdo. 

A directiva da ANPA


luns, 1 de xuño de 2026

Festa de fin de curso da ANPA 2026

Este curso chega ao seu fin e desde a ANPA temos preparado un gran día de diversión para que os nenos e nenas despidan o curso como se merece xunto coas súas familias. Animádevos a participar. Que teñades un moi bo verán!!!



Excursión fin de curso da ANPA

A ANPA do CEIP Atín Cela organiza unha divertida excursión ao parque acuático Natur Water Park (Portugal) o próximo 4 de xullo.  Será unha x...