Desde a ANPA lembrámosvos que o alumnado ten á súa
disposición o PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO E CIBERACOSO ESCOLAR. Trátase
dun espazo anónimo onde o alumnado pode comunicar ou denunciar situacións de acoso
ou ciberacoso que poidan estar padecendo eles/as ou outros compañeiros e
compañeiras. É moi importante que os nenos e nenas e as familias coñezades que
existe esta ferramenta para que a usedes sempre que precisedes.
Hai un punto laranxa físico en fronte da porta da
sala de usos múltiples, no arranque da escaleira, no que poden poñer por
escrito as situacións de acoso que vivan ou que presencien contra alguén. Ademais
tedes a opción de enviar un escrito anónimo ou non, como decidades, a través do
punto laranxa virtual que hai habilitado na páxina web do cole para tal
fin. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipatincela/node/839
Os puntos están xestionados polos Departamentos de
orientación dos centros e a coordinación de Benestar emocional.
Ningún comentario:
Publicar un comentario