martes, 14 de abril de 2026

CAMPAMENTO DE CONCILIACIÓN: "AÍ VÉN O MAIO"

Cómo ben sabedes o próximo día 4 de maio é día non lectivo no noso cole. Cómo medida conciliadora da vida familiar e laboral, dende a ANPA do CEIP Atín Cela, ofrecemos este campamento gratuíto para todos os alumnos e alumnas do centro.



Esta actividade está cofinanciada pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade. Teñen prioridade na inscrición: familias monoparentais, mulleres vítimas de violencia de xénero e doutras formas de violencia contra as mulleres, persoas con discapacidade, persoas en risco de exclusión social, persoas solicitantes de asilo internacional ou con estatuto de refuxiado/a e unidades familiares nas cales existan outras responsabilidades relacionadas cos coidados de familiares ou persoas dependentes ao seu cargo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Excursión fin de curso da ANPA

A ANPA do CEIP Atín Cela organiza unha divertida excursión ao parque acuático Natur Water Park (Portugal) o próximo 4 de xullo.  Será unha x...