Temos a Semana Santa á volta da esquina, e con ela chega unha semana na que os máis cativos poderán gozar de tempo de lecer. Como medida conciliadora da vida familiar e laboral, dende a ANPA do CEIP Atín Cela, ofrecemos este campamento gratuíto para todos os alumnos e alumnas do centro.
Esta actividade está cofinanciada pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade. Teñen prioridade na inscrición: familias monoparentais, mulleres vítimas de violencia de xénero e doutras formas de violencia contra as mulleres, persoas con discapacidade, persoas en risco de exclusión social, persoas solicitantes de asilo internacional ou con estatuto de refuxiado/a e unidades familiares nas cales existan outras responsabilidades relacionadas cos coidados de familiares ou persoas dependentes ao seu cargo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario