Achégase o Entroido, un tempo no que os/as nosos/as peques poderán tomarse un merecido descanso mentras desfrutan dunha das nosas festas máis tradicionais. Cómo medida conciliadora da vida familiar e laboral, dende a ANPA do CEIP Atín Cela, ofrecemos este campamento gratuíto para todos os alumnos e alumnas do centro.
Esta actividade está cofinanciada pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade. Teñen prioridade na inscrición: familias monoparentais, mulleres vítimas de violencia de xénero e doutras formas de violencia contra as mulleres, persoas con discapacidade, persoas en risco de exclusión social, persoas solicitantes de asilo internacional ou con estatuto de refuxiado/a e unidades familiares nas cales existan outras responsabilidades relacionadas cos coidados de familiares ou persoas dependentes ao seu cargo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario