O próximo día 31 de outubro celebramos o Día do Ensino e o 3 de novembro é día non é lectivo. Cómo medida conciliadora da vida familiar e laboral, dende a ANPA do CEIP Atín Cela, ofrecemos este campamento gratuíto para todos os alumnos e alumnas do centro.
Esta actividade está financiada pola Secretaría de Estado de Igualdade e para a Erradicación da Violencia contra as Mulleres, con cargo ás axudas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actuacións dentro do Plan Corresponsables. Teñen prioridade na inscrición: familias monoparentais maternas e monoparentais paternas, mulleres vítimas de violencia de xénero e doutras formas de violencia contra as mulleres, persoas con discapacidade, persoas en risco de exclusión social e unidades familiares en que existan outras responsabilidades relacionadas cos coidados.

Ningún comentario:
Publicar un comentario