luns, 11 de novembro de 2024

XINCANA DE CORRESPONSABILIDADE NO CEIP ATÍN-CELA

 Desde a Anpa do Ceip Atín Cela queremos convidarvos a participar na Xincana de Corresponsabilidade, unha actividade que permite promover de xeito lúdico a corresponsabilidade nas tarefas domésticas e coidado dos menores, a igualdade e o bo trato. Esta actividade está dirixida a familias e celebrarase o próximo 22 de novembro ás 17:00h.

 Esta actividade está financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade, con cargo ás axudas económicas ás Anpa destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Excursión fin de curso da ANPA

A ANPA do CEIP Atín Cela organiza unha divertida excursión ao parque acuático Natur Water Park (Portugal) o próximo 4 de xullo.  Será unha x...