venres, 8 de novembro de 2024

Mere Clown visita o noso cole co seu "Circo na Casa" dentro das actividades que a Anpa organiza no mes da Igualdade

O vindeiro 12 de novembro para conmemorar o 25N, Día Internacional da eliminación da violencia de xénero poderemos desfrutar no cole do espectáculo CIRCO NA CASA de Mere Clown. Trátase dunha xornada para concienciar e sensibilizar aos nosos menores  do cole sobre a gravidade da violencia de xénero e sobre a importancia de erradicala. Esta actividade está financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade, con cargo ás axudas económicas ás Anpa destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Circo na casa é un espectáculo en prol da igualdade que incide na corresponsabilidade no fogar. Con moitas torpezas, humor e malabares ou equilibrios con “cousas de andar por casa” Mere Clown busca concienciar sobre a importancia de compartir as tarefas domésticas.

Deixámosvos un trailer do espectáculo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

CAMPAMENTO DE PASCUA

  Temos a Semana Santa á volta da esquina, e con ela chega unha semana na que os máis cativos poderán gozar de tempo de lecer. Como medida c...