venres, 22 de novembro de 2024

CHARLA ONLINE. Para, pensa e conéctate contra a violencia.

Traémosvos a última das actividades do mes da Igualdade no  Ceip Atín-Cela. Esta vez trátase dunha charla online:  Para, pensa e conéctate contra a violencia. Como detectar, prever e facer fronte a situacións de violencia de xénero nas redes sociais e internet que poidan vivir os menores. Nesta charla desde Cibervoluntarios.org falarannos de riscos nas redes coma o ciberacoso e a violencia de xénero dixital. Se estades en participar tedes que inscribirvos en  https://forms.gle/8QtYtZ3UzkTL8sxQ8

Esta actividade está financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade, con cargo ás axudas económicas ás Anpa destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.









Ningún comentario:

Publicar un comentario

Excursión fin de curso da ANPA

A ANPA do CEIP Atín Cela organiza unha divertida excursión ao parque acuático Natur Water Park (Portugal) o próximo 4 de xullo.  Será unha x...