Traémosvos a última das actividades do mes da Igualdade no Ceip Atín-Cela. Esta vez trátase dunha charla online: Para, pensa e conéctate contra a violencia. Como detectar, prever e facer fronte a situacións de violencia de xénero nas redes sociais e internet que poidan vivir os menores. Nesta charla desde Cibervoluntarios.org falarannos de riscos nas redes coma o ciberacoso e a violencia de xénero dixital. Se estades en participar tedes que inscribirvos en https://forms.gle/8QtYtZ3UzkTL8sxQ8
Esta actividade está financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade, con cargo ás axudas económicas ás Anpa destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.


.png)



.png)