venres, 25 de outubro de 2024

SAN MAGOSTÍN





O vindeiro 30 de outubro, mércores, celebrarase no cole o San Magostín, a festa do Samaín xunto co Magosto. Co motivo desta celebración, haberá unha exposición de cabazas decoradas. Poderán presentar unha por familia. Desde a ANPA do centro darémoslle un agasallo a tódolos nenos e nenas que participen na exposición. Os traballos realizados traeranse o luns 28 de outubro, pola mañá. As horas de visita ao público serán martes pola mañá de 9:40 ás 10:00h, e pola tarde de 16:30 ás 18:30. Un saúdo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Excursión fin de curso da ANPA

A ANPA do CEIP Atín Cela organiza unha divertida excursión ao parque acuático Natur Water Park (Portugal) o próximo 4 de xullo.  Será unha x...