luns, 2 de setembro de 2024

VOLVE A AULA MADRUGA AO CEIP ATÍN CELA



Desde o 11 de setembro e ata o 30 de novembro poñemos á disposición das familias que o precisen para conciliar o servizo de Aula Madruga, en horario de luns a venres de 7:30 a 9:30. Esta actividade está financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade, dentro das axudas economicas destinadas ás ANPA dentro das actuacións do Plan Corresponsables. As prazas son limitadas, e en caso de que se haxa moita demanda terán prioridade as seguintes familias:
  • As familias monoparentais
  • As vítimas de violencia de xénero e doutras formas de violencia contra a muller
  • Mulleres en situación de desemprego de longa duración.
  • Mulleres maiores de 45 anos.
  • Unidades familiares nas cales existan outras cargas relacionadas cos coidados.
Por este motivo, se estades nalgún destes casos pregamos que nolo refirades no momento de reservar a praza.


No cartel que se achega amplíase a información.


Agardamos que este servizo vos sexa de axuda!







Ningún comentario:

Publicar un comentario

CAMPAMENTO DE PASCUA

  Temos a Semana Santa á volta da esquina, e con ela chega unha semana na que os máis cativos poderán gozar de tempo de lecer. Como medida c...