Desde o 1 de outubro ata o 30 de novembro, poñemos á disposición das familias que o precisen para conciliar o servizo de Ludoteca, en horario luns a xoves de 16:30 a 18:30. Esta actividade está financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade, dentro das axudas economicas destinadas ás ANPA dentro das actuacións do Plan Corresponsables. As prazas son limitadas, e en caso de que se haxa moita demanda terán prioridade as seguintes familias:
- As familias monoparentais
- As vítimas de violencia de xénero e doutras formas de violencia contra a muller
- Mulleres en situación de desemprego de longa duración.
- Mulleres maiores de 45 anos.
- Unidades familiares nas cales existan outras cargas relacionadas cos coidados.
Agardamos que este servizo vos sexa de axuda!

Ningún comentario:
Publicar un comentario