luns, 16 de setembro de 2024

SERVIZO DE LUDOTECA NO CEIP ATÍN CELA



Desde o 1 de outubro ata o 30 de novembro, poñemos á disposición das familias que o precisen para conciliar o servizo de Ludoteca, en horario luns a xoves de 16:30 a 18:30. Esta actividade está financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade, dentro das axudas economicas destinadas ás ANPA dentro das actuacións do Plan Corresponsables. As prazas son limitadas, e en caso de que se haxa moita demanda terán prioridade as seguintes familias:
  • As familias monoparentais
  • As vítimas de violencia de xénero e doutras formas de violencia contra a muller
  • Mulleres en situación de desemprego de longa duración.
  • Mulleres maiores de 45 anos.
  • Unidades familiares nas cales existan outras cargas relacionadas cos coidados.
Por este motivo, se estades nalgún destes casos pregamos que nolo refirades no momento de reservar a praza. No cartel que se achega amplíase a información.


Agardamos que este servizo vos sexa de axuda!














luns, 2 de setembro de 2024

COMO FACERSE FAMILIA SOCIA DA ANPA DURANTE O CURSO 2024-25

 Co inicio do novo curso convidámosvos a que vos asociedes a ANPA do cole. Só tedes que encher o formulario que se achega e poderedes desfrutar de tódalas vantaxes de ser socio. Agardámosvos!








VOLVE A AULA MADRUGA AO CEIP ATÍN CELA



Desde o 11 de setembro e ata o 30 de novembro poñemos á disposición das familias que o precisen para conciliar o servizo de Aula Madruga, en horario de luns a venres de 7:30 a 9:30. Esta actividade está financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade, dentro das axudas economicas destinadas ás ANPA dentro das actuacións do Plan Corresponsables. As prazas son limitadas, e en caso de que se haxa moita demanda terán prioridade as seguintes familias:
  • As familias monoparentais
  • As vítimas de violencia de xénero e doutras formas de violencia contra a muller
  • Mulleres en situación de desemprego de longa duración.
  • Mulleres maiores de 45 anos.
  • Unidades familiares nas cales existan outras cargas relacionadas cos coidados.
Por este motivo, se estades nalgún destes casos pregamos que nolo refirades no momento de reservar a praza.


No cartel que se achega amplíase a información.


Agardamos que este servizo vos sexa de axuda!







Aula madruga para o curso 2025-2026

A partir do vindeiro 8 de setembro e ata o 19 de xuño 2026 poñemos á disposición das familias que o precisen para conciliar o servizo de Aul...