mércores, 8 de xaneiro de 2025

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO E CIBERACOSO ESCOLAR

 


Desde a ANPA lembrámosvos que o alumnado ten á súa disposición o PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO E CIBERACOSO ESCOLAR. Trátase dun espazo anónimo onde o alumnado pode comunicar ou denunciar situacións de acoso ou ciberacoso que poidan estar padecendo eles/as ou outros compañeiros e compañeiras. É moi importante que os nenos e nenas e as familias coñezades que existe esta ferramenta para que a usedes sempre que precisedes.

Hai un punto laranxa físico en fronte da porta da sala de usos múltiples, no arranque da escaleira, no que poden poñer por escrito as situacións de acoso que vivan ou que presencien contra alguén. Ademais tedes a opción de enviar un escrito anónimo ou non, como decidades, a través do punto laranxa virtual que hai habilitado na páxina web do cole para tal fin. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipatincela/node/839

Os puntos están xestionados polos Departamentos de orientación dos centros e a coordinación de Benestar emocional.

luns, 6 de xaneiro de 2025

A ANPA DO CEIP ATÍN CELA NA CABALGATA DE REIS DE MOS


Sentímonos orgullosos de ter acompañado ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente no percorrido que fixeron polas rúas do noso Concello. Era unha xornada moi esperada polos nosos nenos e nenas e poder participar desta festa foi un inmenso pracer.

Queremos agradecer a tódalas persoas que nos axudaron para que fose posible, a Joni, Rosa, Julio, Lorena e ás súas familias e a Juan, Diego e Rubén. De igual xeito agradecemos a Joni Bargiela por axudarnos coa iluminación e a Asociación de Veciños Celado de Cela por acollernos unha vez máis nas súas instalacións. Coa axuda de todos somos máis fortes. Mil grazas!

https://www.facebook.com/concellodemos/videos/594380000211523?locale=es_ES





SAMAÍN 2025 NO CEIP ATÍN-CELA MOS

Este ano liámonos a manta á cabeza e decicimos xunto co claustro do Centro preparar un túnel do terror que puideron desfrutar os peques pola...