O vindeiro 30 de outubro, mércores, celebrarase no cole o San Magostín, a festa do Samaín xunto co Magosto. Co motivo desta celebración, haberá unha exposición de cabazas decoradas. Poderán presentar unha por familia. Desde a ANPA do centro darémoslle un agasallo a tódolos nenos e nenas que participen na exposición. Os traballos realizados traeranse o luns 28 de outubro, pola mañá. As horas de visita ao público serán martes pola mañá de 9:40 ás 10:00h, e pola tarde de 16:30 ás 18:30. Un saúdo.
venres, 25 de outubro de 2024
mércores, 9 de outubro de 2024
CHARLAS DE IGUALDADE NO CEIP ATÍN-CELA PARA ALUMNADO
O vindeiro luns día 14 comezaremos coas Charlas de Igualdade dirixidas ao alumnado no CEIP Atín-Cela. Estas charlas e role play sobre igualdade e prevención da violencia de xénero serán impartidas por diferentes especialistas en tódolos niveis educativos. Trátase dunha actividade subvencionada pola Secretaría Xeral da Igualdade, financiada en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
luns, 7 de outubro de 2024
CAMPAMENTO DE CONCILIACIÓN DE SAMAÍN. "SOMOS ZOMBIES"
Cómo ben sabedes o próximo día 31 de outubro e día non lectivo por ser día do ensino. Cómo medida conciliadora da vida familiar e laboral, dende a ANPA do CEIP Atín Cela, ofrecemos este campamento gratuíto para todos os alumnos e alumnas do centro.
Podes facer a inscrición, na seguinte ligazón, ou escaneando o código QR do cartel que compartimos con todos vos. https://forms.gle/rUGVaXb4qgxngzNG6
Esta actividade está financiada pola Secretaría Xeral da Igualdade, con cargo ás axudas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actuacións dentro do Plan Corresponsables.Teñen prioridade na inscrición: familias monoparentais, vítimas de violencia de género e doutras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 años e unidades familiares nas cales existan outras cargas relacionadas cos coidados.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
-
Sentímonos orgullosos de ter acompañado ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente no percorrido que fixeron polas rúas do noso Concello. E...
-
O Ministerio de Educación ven de publicar a resolución pola que se convocan as axudas para alumnos con Necesidade Específica de Apoio Educ...
-
O vindeiro 12 de novembro para conmemorar o 25N, Día Internacional da eliminación da violencia de xénero poderemos desfrutar no cole do esp...
Aula madruga para o curso 2025-2026
A partir do vindeiro 8 de setembro e ata o 19 de xuño 2026 poñemos á disposición das familias que o precisen para conciliar o servizo de Aul...


