xoves, 27 de novembro de 2025

MEDRAMOS EN IGUALDADE

Boa tarde familias, 

as profesionais de  Alalá que impartiron a charla no día de onte achéganvos os contidos da charla para que poidades utilizalos e volver a eles sempre que os necesitedes. Podedes descargalos no seguinte enlace:

MEDRAMOS EN IGUALDADE



Ademais déixannoseste Código QR para que poidades descargar todos os recursos que nos presentaron na aula e que podedes usar cos vosos peques.



luns, 17 de novembro de 2025

SAMAÍN 2025 NO CEIP ATÍN-CELA MOS

Este ano liámonos a manta á cabeza e decicimos xunto co claustro do Centro preparar un túnel do terror que puideron desfrutar os peques pola mañá e as familias en horario de tarde. Foi unha xornada chea de risas e por suposto de moitos sustos. Queremos agradecer a todas as persoas que o fixestes posible e ao Centro por meternos de cheo neste lío. Deixámosvos un vídeo para que vexades que ben o pasamos. Grazas a tod@s!!!




https://youtu.be/O-PO3RF22kc


venres, 7 de novembro de 2025

MES DA IGUALDADE NO CEIP ATIN-CELA CURSO 25-26

 Xa estamos entrando no mes de novembro e como non podía ser doutra maneira celebraremos diferentes actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, Estas actividades están subvencionadas pola Xunta de Galicia  en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Agardamos que participedes delas!!


MEDRAMOS EN IGUALDADE

Boa tarde familias,  as profesionais de  Alalá que impartiron a charla no día de onte achéganvos os contidos da charla para que poidades uti...