luns, 19 de maio de 2025

Campamento "Festa da Rosa"

O vindeiro 13 de xuño celebramos en Mos o día da Rosa, polo que non é día lectivo no noso cole. Cómo medida conciliadora da vida familiar e laboral, dende a ANPA do CEIP Atín Cela, ofrecemos este campamento gratuíto para todos os alumnos e alumnas do centro.



Esta actividade está financiada pola Secretaría de Estado de Igualdade e para a Erradicación da Violencia contra as Mulleres, con cargo ás axudas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actuacións dentro do Plan Corresponsables. Teñen prioridade na inscrición:  familias monoparentais maternas e monoparentais paternas, mulleres vítimas de violencia de xénero e doutras formas de violencia contra as mulleres, persoas con discapacidade, persoas en risco de exclusión social e unidades familiares en que existan outras responsabilidades relacionadas cos coidados.

MEDRAMOS EN IGUALDADE

Boa tarde familias,  as profesionais de  Alalá que impartiron a charla no día de onte achéganvos os contidos da charla para que poidades uti...