luns, 19 de febreiro de 2024

ENTROIDO 2024




Este ano decidímonos a participar na Desfile de Comparsas de Entroido do Concello de Mos coas familias do CEIP Atín-Cela. Foron unhas semanas de moito esforzo, pero tamén de moita satisfacción, traballo en equipo e moitas moitas risas. Queremos agradecer a tódalas familias que vos animastes a participar, ás máis de 150 persoas que puxestes o voso empeño en que saíra todo perfecto. Saber que estades aí, que acudistes á nosa chamada, dános forza para seguir traballando.💚

Temos que agradecer o traballo de tódalas persoas implicadas nas Comparsas, e especialmente a Joni por ser o artífice das carrozas, a Paco por deixarnos a súa lanchiña para ir a navegar, a Natalia por conseguir que bailaramos todos para o mesmo lado cando parecía imposible, ás asociacións que colaboraron con nós, ACSV Herville e  AAVV Nosa Terra de Pereiras e especialmente a AAVV Celado por cedernos tan bo espazo para traballar durante semanas, a Vemar polo tractor que nos levou ás nubes, a Gadis, Eroski e Multiópticas polos caramelos que fixeron máis doces os nosos bailes e ao noso querido cole, por toda a colaboración e sobre todo por deixarnos sacar a pasear ao Polbiño.

Aquí tedes algunhas fotos e un vídeo para o recordo.

GRAZASSSSS!!!!!









SERVIZO DE AULA MADRUGA NO CEIP ATÍN CELA

 Desde o 1 de marzo e ata o 21 de xuño poñemos á disposición das familias que o precisen para conciliar o servizo de Aula Madruga, en horario de 7:30 a 9:30. Esta actividade está financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade, dentro das axudas economicas destinadas ás ANPA dentro das actuacións do Plan Corresponsables. As prazas son limitadas, e en caso de que se haxa moita demanda terán prioridade as seguintes familias:

  • As familias monoparentais
  • As vítimas de violencia de xénero e doutras formas de violencia contra a muller
  • Mulleres en situación de desemprego de longa duración.
  • Mulleres maiores de 45 anos.
  • Unidades familiares nas cales existan outras cargas relacionadas cos coidados.
Por este motivo, se estades nalgún destes casos pregamos que nolo refirades no momento de reservar a  praza. 

No cartel que se achega amplíase a información. 

Agardamos que este servizo vos sexa de axuda!





venres, 16 de febreiro de 2024

CHARLA PARA FAMILIAS

 Nova charla para familias "Espazo sen xuzgar": DISCIPLINA POSITIVA E CON LÍMITES


Se queredes inscribirvos tedes que facelo no seguinte enlace 
https://forms.gle/Bo6RfFuMzUbW2T6e7


Servizo de Ludoteca no CEIP ATÍN-CELA

 

    Desde a ANPA do cole queremos poñer en marcha un servizo que axude na conciliación da vida familiar. Este servizo é unha Ludoteca da que se poderán beneficiar as familias en horario de luns a venres de 16:30 a 18:30.  Para máis información contactade no teléfono que aparece no cartel ou no correo electrónico. 

luns, 5 de febreiro de 2024

MENÚS DO COMEDOR MES DE FEBREIRO DE 2024


Neste enlace poderedes acceder aos menús do comedor do noso cole durante o mes de febreiro. Bo proveito!!

Descarga menús



Imagen de brgfx en Freepik


venres, 2 de febreiro de 2024

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O próximo martes 27 de febreiro ás 17:30 será a xornada de portas abertas no noso cole. Para calquera dúbida, podedes contactar chamando ao número que aparece no cartel ou ben mandando un correo electrónico. 




MEDRAMOS EN IGUALDADE

Boa tarde familias,  as profesionais de  Alalá que impartiron a charla no día de onte achéganvos os contidos da charla para que poidades uti...