xoves, 27 de novembro de 2025

MEDRAMOS EN IGUALDADE

Boa tarde familias, 

as profesionais de  Alalá que impartiron a charla no día de onte achéganvos os contidos da charla para que poidades utilizalos e volver a eles sempre que os necesitedes. Podedes descargalos no seguinte enlace:

MEDRAMOS EN IGUALDADE



Ademais déixannoseste Código QR para que poidades descargar todos os recursos que nos presentaron na aula e que podedes usar cos vosos peques.



luns, 17 de novembro de 2025

SAMAÍN 2025 NO CEIP ATÍN-CELA MOS

Este ano liámonos a manta á cabeza e decicimos xunto co claustro do Centro preparar un túnel do terror que puideron desfrutar os peques pola mañá e as familias en horario de tarde. Foi unha xornada chea de risas e por suposto de moitos sustos. Queremos agradecer a todas as persoas que o fixestes posible e ao Centro por meternos de cheo neste lío. Deixámosvos un vídeo para que vexades que ben o pasamos. Grazas a tod@s!!!




https://youtu.be/O-PO3RF22kc


venres, 7 de novembro de 2025

MES DA IGUALDADE NO CEIP ATIN-CELA CURSO 25-26

 Xa estamos entrando no mes de novembro e como non podía ser doutra maneira celebraremos diferentes actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, Estas actividades están subvencionadas pola Xunta de Galicia  en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Agardamos que participedes delas!!


luns, 6 de outubro de 2025

Campamento de Samaín

O próximo día 31 de outubro celebramos o Día do Ensino e o 3 de novembro é día non é lectivo.  Cómo medida conciliadora da vida familiar e laboral, dende a ANPA do CEIP Atín Cela, ofrecemos este campamento gratuíto para todos os alumnos e alumnas do centro.




Esta actividade está financiada pola Secretaría de Estado de Igualdade e para a Erradicación da Violencia contra as Mulleres, con cargo ás axudas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actuacións dentro do Plan Corresponsables. Teñen prioridade na inscrición:  familias monoparentais maternas e monoparentais paternas, mulleres vítimas de violencia de xénero e doutras formas de violencia contra as mulleres, persoas con discapacidade, persoas en risco de exclusión social e unidades familiares en que existan outras responsabilidades relacionadas cos coidados.

luns, 1 de setembro de 2025

Aula madruga para o curso 2025-2026




A partir do vindeiro 8 de setembro e ata o 19 de xuño 2026 poñemos á disposición das familias que o precisen para conciliar o servizo de Aula Madruga, en horario de 7:30 a 9:30.

Esta actividade está financiada pola Secretaría de Estado de Igualdade e para a Erradicación da Violencia contra as Mulleres, con cargo ás axudas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actuacións dentro do Plan Corresponsables. Teñen prioridade na inscrición:  familias monoparentais maternas e monoparentais paternas, mulleres vítimas de violencia de xénero e doutras formas de violencia contra as mulleres, persoas con discapacidade, persoas en risco de exclusión social e unidades familiares en que existan outras responsabilidades relacionadas cos coidados.

Por este motivo, se estades nalgún destes casos pregamos que nolo refirades no momento de reservar a  praza. 

No cartel que se achega amplíase a información. 

Agardamos que este servizo vos sexa de axuda!

luns, 16 de xuño de 2025

Fin de curso no Ceip Atín-Cela

 Este curso chega ao seu fin e desde a ANPA e o cole temos uns días cheíños de diversión para que o despidan como se merece. Que teñades un moi bo verán!!!



luns, 2 de xuño de 2025

Campamento de Verán

Durante os meses de Xuño e Setembro, desde a ANPA organizamos Campamento para o alumnado do noso centro, nas semanas que as familias nos comentastes que tiñades máis problemas para conciliar. Tedes ata o 18 de xuño para apuntarvos!!



Esta actividade está financiada pola
 Secretaría de Estado de Igualdade e para a Erradicación da Violencia contra as Mulleres, con cargo ás axudas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia para financiar actuacións dentro do Plan Corresponsables. Teñen prioridade na inscrición:  familias monoparentais maternas e monoparentais paternas, mulleres vítimas de violencia de xénero e doutras formas de violencia contra as mulleres, persoas con discapacidade, persoas en risco de exclusión social e unidades familiares en que existan outras responsabilidades relacionadas cos coidados.

MEDRAMOS EN IGUALDADE

Boa tarde familias,  as profesionais de  Alalá que impartiron a charla no día de onte achéganvos os contidos da charla para que poidades uti...